Moeche

Galicia

(GAL) Moeche é un concello do interior da comarca de Ferrolterra que, colindando cos concellos de Cerdido, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño, conta na súa haber con pouco máis de 1.200 habitantes. O seu nome procede do topónimo altomedieval de Vila Modesti, que obedecía ás posesións dun cacique local tardorromano asentado no Val de Moeche. Nos seus 48,5 quilómetros cadrados de termo municipal, podemos atopar unha gran cantidade de recursos que visitar, que nos invitan a coñecer o patrimonio natural, histórico e industrial do territorio galego.
Falamos así do Castelo medieval de Moeche, arrasado polas Revoltas Irmandiñas e reconstruído a consecuencia do seu fracaso. Falamos dos muíños comunitarios do rego de Loureiro e do Río Grande de Xuvia, que ao seu paso polo Val de Moeche déixanos estampas tan espectaculares como a que nos ofrece o camiño entre a propia fortaleza e a área de descanso de Soutogrande. Falamos tamén da mina de cobre e das canteiras de toelo que podemos visitar da man dun experto xeólogo nos meses de verán, e que nos trasladan ao ámbito da etnografía para dar a coñecer os distintos usos – e cores – que este “toelo” ou “pedra de moeche” ha ter, tivo e ten na comarca.
Deste xeito, Moeche, nas súas pequenas dimensións, abrangue unha gran infraestrutura cultural – enriquecida por unha programación de actividades para todo o verán – que paga a pena protexer, conservar e difundir. Algo no que o visitante reparou especialmente nos últimos anos, convertendo o castelo de Moeche no segundo centro museístico con máis visitantes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, agrupadas en torno ao Xeodestino Ferrolterra – Rías Altas.
Con respecto ao patrimonio xeológico, o Proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal aúna os esforzos de 7 concellos do norte do xeodestino para daren a coñecer todas aquelas peculiaridades do noso chan que o fan único no contexto europeo, e que, de feito, presentou a súa candidatura, con apoio do Comité Español, para o seu recoñecemento por parte da UNESCO. A esta recompilación de eventos, é necesario sumarlle, sen dúbida a gran tradición feiral que o noso municipio mantén, celebrando dúas feiras ordinarias, de carácter comarcal, todos os meses nos días 11 e 23 – cuxo orixe podemos remontar documentalmente ata o século XVII –, un mercado local todos os sábados e distintas feiras temáticas ao longo do ano, como é a do queixo no mes de marzo, a feira ecuestre no mes de abril, a do gando vacún no mes de xuño e a do faba no mes de outubro.
No concello de Moeche organízase, segundo vimos, unha intensa actividade cultural para todos os meses do ano, con todo, o mantemento dunha programación de actividades deste calibre non obedece exclusivamente ao traballo da Administración municipal, senón que recae tamén no noso potente movemento asociativo. Podemos clasificar as asociacións modestinas en dous tipos, as que funcionan como comunidades nas que se dá cabida á veciñanza dunha determinada parroquia ou parroquias, e as que funcionan en torno á preparación dun evento ou tema concreto.
Atopamos así dentro do primeiro grupo ás Asociacións de veciños de Labacengos, a do Val de Moeche e A.VV. de Balocos, que agrupan á poboación destas entidades locais menores para a coordinación de distintas iniciativas. En segundo lugar, as Asociacións que podemos definir como “temáticas” poden ser exemplificadas pola Asociación Ecuestre 23 de abril – encargada de organizar a feira do 23 de abril en Moeche, unha das maiores feiras ecuestres de Galicia –, a Asociación Cultural Irmandiños de Moeche, activa desde o ano 1980 ao preparar as máis de corenta edicións que o Festival Irmandiño leva celebradas – ou a Asociación Automobilística Moeche (Escudaría Moeche), que traballa organizando as Rutas Turísticas e o Slalom Concello de Moeche.

(CAST) Moeche es un ayuntamiento del interior de la comarca de Ferrolterra que, colindando con los ayuntamientos de Cerdido, San Sadurniño, As Somozas y Valdoviño, cuenta en su haber con poco más de 1.200 habitantes. Su nombre procede del topónimo altomedieval de Villa Modesti, que obedecía a las posesiones de un cacique local tardorromano asentado en el Valle de Moeche. En sus 48,5 kilómetros cuadrados de término municipal, podemos encontrar una gran cantidad de recursos que visitar, que nos invitan a conocer el patrimonio natural, histórico e industrial del territorio gallego.
Hablamos así del Castillo medieval de Moeche, arrasado por las Revueltas Irmandiñas y reconstruido a consecuencia de su fracaso. Hablamos de los molinos comunitarios del regato de Loureiro y del Río Grande de Xuvia, que a su paso por el Valle de Moeche nos deja estampas tan espectaculares como la que nos ofrece el camino entre la propia fortaleza y el Área de descanso de Soutogrande. Hablamos también de la mina de cobre y de las canteras de toelo que podemos visitar de la mano de un geólogo experto en los meses de verano, y que nos trasladan al ámbito de la etnografía para dar a conocer los distintos usos – y colores – que este “toelo” o “piedra de moeche” ha tenido y tiene en la comarca.
De este modo, Moeche, en sus reducidas dimensiones, abarca una gran infraestructura cultural – enriquecida por una programación de actividades para todo el verano – que merece la pena proteger, conservar y difundir. Algo en lo que el visitante ha reparado especialmente en los últimos años, convirtiendo al castillo de Moeche en el segundo centro museístico con más visitantes de las comarcas de Ferrolterra, Eume y Ortegal, agrupadas en torno al geodestino Ferrolterra – Rías Altas. Falei do aislamento pola estrada do litoral, que é moito máis concurrida, destacando todavía máis a importancia dos niveis da afluencia do ano pasado, pero tes razón, sona a que estamos fora da civilización, borrado.
Con respecto al patrimonio geológico, el Proyecto de Geoparque del Cabo Ortegal aúna los esfuerzos de 7 ayuntamientos del norte del geodestino para dar a conocer todas aquellas peculiaridades de nuestro suelo que lo hacen único en el contexto europeo, y que, de hecho, ha presentado su candidatura, con apoyo del Comité Español, para su reconocimiento por parte de la UNESCO. A esta recopilación de eventos, es necesario sumarle, sin duda, la gran tradición ferial de la que nuestro municipio consta, celebrando dos ferias ordinarias todos los meses en los días 11 y 23 – cuyo origen podemos remontar documentalmente hasta el siglo XVII –, un mercado local todos los sábados y distintas ferias temáticas a lo largo del año, como es la del queso en el mes de marzo, la feria ecuestre en el mes de abril, la del ganado vacún en el mes de junio y la del haba en el mes de octubre.
En el ayuntamiento de Moeche se organiza, según hemos visto, una intensa actividad cultural para todos los meses del año, sin embargo, el mantenimiento de una programación de actividades de este calibre no obedece solo al trabajo del consistorio, sino que recae también en nuestro potente movimiento asociativo. Podemos clasificar las asociaciones modestinas en dos tipos, las que funcionan como comunidades en las que se da cabida a los vecinos de una determinada parroquia o parroquias, y las que funcionan en torno a la preparación de un evento o tema concreto.
Encontramos así dentro del primer cupo a las Asociaciones de vecinos de Labacengos y la del Valle de Moeche, agrupando a la población de estas entidades locales menores para la coordinación de distintas iniciativas. En segundo lugar, las Asociaciones que podemos definir como “temáticas” pueden ser ejemplificadas por la Asociación Ecuestre 23 de abril – encargada de organizar la feria del 23 de abril en Moeche, una de las mayores ferias ecuestres de Galicia –, la Asociación Cultural Irmandiños de Moeche, activa desde el año 1980 al preparar las más de cuarenta ediciones que el Festival Irmandiño lleva a sus espaldas – o la Asociación Automovilística Moeche (Escudería Moeche), que trabaja organizando las Rutas Turísticas y el Slalom Concello de Moeche.

Premi

Bck to top