Allariz

Galicia

Allariz atopase Situado no occidente da provincia de Ourense, moi preto da capital da provincia, posúe un centro histórico dun encanto extraordinario, erixido con pedras gastadas polo tempo e cubertas de musgo.
Nesta localidade, de apenas 6400 habitantes, atopamos 6 igrexas medievais, catro cruceiros centenarios, pequenos museos,fermosas casa solariegas e un armazón de pequenas rúas empedradas nas que perderse por propia vontade.
Allariz foi declarado Conxunto histórico e artístico en 1971. Un patrimonio que as súas xentes souberon conservar e que recibiu o premio europeo de urbanismo no ano 1994 o que converte nunha das visitas máis suxestivas de todo o noroeste de España.
Xunto ao casco antigo serpentea con parsimonia o río Arnoia que ao seu paso por Allariz está flanqueado de xardíns e zonas verdes creando enclaves de gran beleza.
A 6 km de Allariz, atopase Santa Mariña de Augas Santas , conxunto historico artístico dende o ano 1963 e impresionante exemplo de como patrimonio , leda e natureza poden convivir nun espazo único.

Premi

Bck to top